Teddy Pilette
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xullo de 1942 (82 anos) Bruxelas-Capital, Bélxica |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo, piloto de rally |
Deporte | automobilismo rally |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Theodore "Teddy" Pilette, nado en Bruxelas o 26 de xullo de 1942[1] é un expiloto de carreiras belga. Participou en 4 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1, o primeiro o 12 de maio de 1974 co equipo Brabham de Bernie Ecclestone.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de André Pilette e neto de Théodore Pilette, seguiu a tradición familiar. Comezou a súa carreira gañando varias carreiras de karts antes de marchar a escola de pilotos de Jim Russell Racing School en Inglaterra. Esta experiencia deulle a oportunidade de formar parte do elenco para a película de John Frankenheimer Grand Prix e máis tarde en Le Mans con Steve McQueen.
Nos circuítos, Pilette competiu para Carlo Abarth en 1963 e 1965 e en 1967 empezou a competir co equipo belga VDS. Gañou o Campionato de Europa de Fórmula 5000 en 1973 cun Chevron B24 e outra vez en 1975 cun Lola T400. Tamén competiu nos Estados Unidos na Fórmula 5000. Tamén fixo 3 intentos na Indy 500. Intentou clasificarse para as 500 Millas de Indianápolis de 1977 pero non o conseguiu. Pilotou na carreira de CART en Watkins Glen International en 1981, pero retirouse logo de 14 voltas debido a un fallo na caixa de cambios. Sería a súa única saída na Champ Car porque xa non conseguiu clasificarse para as Indianápolis 500 de 1982 e 1983 inscribiuse no Gran Premio de Cleveland ese ano pero o coche pilotouno Herm Johnson.[2]
En 1977, Capparelli contratou a Pilette para pilotar co moribundo equipo BRM na Fórmula Un, e tamén no Campionato de Fórmula Un Aurora AFX ao ano seguinte.
Nas carreiras de coches deportivos, Pilette gañou as 24 Horas de Spa cun Ford Capri, na última carreira no longo circuíto en 1978.
En 1992 formou o equipo de Fórmula Ford Pilette Speed Tradition en Europa. En 1994 construíu o seu propio coche de Fórmula 3, o Pilette F.3, e participou no Campionato de Fórmula 3 alemán con Paolo Coloni. En setembro de 2013, foi elixido vicepresidente do Grand Prix Drivers Club (anteriormente coñecido como Club Internacional de Pilotos Veteranos de Grand Prix F1)
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1974 | Motor Racing Developments | Brabham BT42 | Cosworth V8 | ARX | BRA | RSA | ESP | BEL 17 |
MON | SWE | NED | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | NC | 0 | ||
1977 | Stanley BRM | BRM P207 | BRM V12 | ARX | BRA | RSA | USW | ESP | MON | BEL | SWE | FRA | GBR | ALE NSC |
AUT | NED NSC |
ITA NSC |
USA | CAN | XPN | NC | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29.
- ↑ Teddy Pilette, Champ Car Stats, Retrieved 2011-03-03
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teddy Pilette |